2/9/07

San Miguel 7-1 Victoria

Típico partido de pretempada no que os equipos estan probando xogadores. O San Miguel saíu ó campo cun equipo que nin se asoma o titular pero q amosouse ben sobre o campo, o Victoria viña con poucos efectivos e pediron un par de xogadores nosos para ter mais cambios porque a calor era abafante as 6 da tarde.

O partido na primeira metade foi de dominio do San Miguel inda q non o reflexaba no marcador, un tiro ó longueiro e 3 xogadas moi claras que non materializamos foron antes do primeiro gol, q chegou de penalti transformado por Oscar. O primeiro tempo polo tanto rematou cun 1-0 pero no que o victoria fixo un so tiro á porteria.
A segunda metade foi diferente, cambiouse a defensa, a liña de medio campo e a dianteira cun bo resultado tamén. Nesta segunda parte o goles foron mais doados de conseguir, o dominio si que foi aplastante e o victoria estaba moi cansado pola sua falta de efectivos. Os goles foron esta vez de jose despois dunha xogada de freire pola banda esquerda, dous goles de freire, un deles de penalty e o outro un golazo tal cal caía o balon do aire sen deixala botar, otro gol de Oscarin de libre indirecto e dous goles de Luisito que fabricou el mesmo de xogada individual.

o final o partido serviu para ver como andamos fisicamente e para ir collendo o toque outra vez.

un saúdo

No hay comentarios: