24/9/07

Resumen: Gran Peña 2-2 San Miguel

-Partido disputado no campo do Gran Peña ás 11.30 da mañá.

O partido comezou con dominio do gran peña nos primeiros minutos, o san miguel non estaba ben plantado sobreo o campo e os 5 minutos chegou o primeiro gol do Gran Peña, pase dende a banda ó centro do área no q o san miguel non está fino e aproveita o dianteiro do G.P. para adiantar ós seus no marcador.
Nese intre o San miguel parece que comeza a reaccionar e comeza a xogar no medio campo e a mover moi ben o balón dunha banda a outra creando peligro con centros peligrosos que saca ben a defensa do gran peña. Mediada xa a segunda parte e co gran Peña saído a contra o San miguel nun deses balóns ó área saca o seu favor un penalti claro que transforma oscar e que convertía así o 1-1.
Tralo gol segue a mesma tónica, o San Miguel sigue a crear xogo e erra varias ocasións claras de gol, destacando freire pola banda esquerda que estaba volvendo tola a defensa do gran peña. Asi ata que case o final da primeira parte Luis rouba un balón cercva da frontal e tras conducir uns metros saca un potente disparo q pega no pao dereito e se cola na portería do gran peña. Pouco despois remata a primeira parte na que os dous equipos tiveron opcións de marcar algun gol máis.

Na segunda metade o san Miguel é o q busca saír á contra e é o Gran peña o que intenta xogar rapido.
Ós 15 minutos aproximadamente o san Miguel quédase cun home menos tras agresion dun xogador do gran peña (que non ve o arbitro) e a consiguiente reaccion do xogador do san Miguel que é expulsado con tarxeta vermella directa e que xa tiña unha amarela anterior.
O gran peña domina o balón pero non crea demasiado peligro, grazas tamen a boa defensa do san miguel que só lle da opcions en córners nos que jony (porteiro do san miguel) saca varias boas mans, atallando tamén un bó tiro do gran peña q foi a súa mellor ocasion na segunda parte.

o gol do gran peña chegará a falta de 5 minutos do tempo reglamentario nun córner no que a defensa do san miguel non andivo fina.
Do final do partido, moi tenso na segunda parte, mellor non falar, un cero en conducta para varias persoas da grada concretando a un tipo que aparece ali cun pao para agredir a un xogador (ou non sei q ostia queria...XD) que estaba lesionado na banda.
O final para o san miguel un punto válido fora da casa q sabe a pouco e para o Gran Peña seguir sumando despois de gañar na primeira xornada de liga.

Un saúdo!!

No hay comentarios: